Ola familias, hoxe damos por rematadas as actividades deste ano das Xornadas pola Igualdade de A Gameliña 2025 que puidemos levar a cabo gracias á axuda recibida dirixida ás asociacións de nais e pais do alumnado de centros educativos de Galicia coa finalidade de potenciar a promoción da igualdade e a prevención da violencia de xénero.
Como peche hoxe poidemos desfrutar dunha Xincana de Mulleres Senlleiras dirixida o público familiar, unha actividade para desfrutar en familia e coñecer a diferentes referentes femininas da nosa vila.
A Gameliña
domingo, 30 de noviembre de 2025
Fin actividades das Xornadas pola Igualdade A Gameliña 2025
sábado, 29 de noviembre de 2025
Obradoiro sobre Corresponsabilidade en familias
Ola familias, hoxe tivemos obradoiro para familias onde traballamos s o concepto da corresponsabilidade dende un punto de vista artístico. Tomamos como punto de partida a práctica arquitectónica de parellas de arquitectos, enfocándonos en proxectos de ámbito doméstico.
Tras unha reflexión inicial e posta en común dos conceptos tratados na contextualización da actividade, realizamos o noso propio proxecto colaborativo dun espacio doméstico. A proposta foi pensada para realizarse en parellas (fillo/filla con pai ou nai, tio, avoa…), deste xeito fomentamos o intercambio de puntos de vista, o consenso e a corresponsabilidade no proceso.
jueves, 27 de noviembre de 2025
miércoles, 26 de noviembre de 2025
Xincanas mulleres senlleiras de Cangas
Ola familias, dentro das actividades deste ano do PROGRAMA DE XORNADAS POLA IGUALDADE 2025 A GAMELIÑA decidimos facer unhas Xincanas onde a rapazada coñecera dun xeito diferente a algunhas das mulleres do noso concello que foron pioneiras ou destacaron pola súa faceta, traballo ou implicacións coa sociedade.
Esta actividade a realizaon os institutos de Cangas.
lunes, 24 de noviembre de 2025
Obradoiro para crianzas: Mulleres Prime
Dentro do Programa de Xornadas pola Igualdade 2025 A Gameliña realizamos este obradoiro dirixido a público infantil onde coñecemos diferentes mulleres referentes do noso Concello a través dunha actividade artística onde as crianzas aprenderon a información de maneira lúdica e manipulativa.
Tomamos como referencia inspiradora a figura de mulleres diversas da Vila de Cangas. Descubrimos e puxemos en valor aspectos que as fan únicas a través do obradoiro.
viernes, 21 de noviembre de 2025
Actividade Escapa da desigualdade
O fío condutor da actividade versa acerca da historia dunha muller, Carmen, a cal fai máis dun século conseguiu crearse a si mesma e converterse nunha muller de éxito a pesar das dificultades e trabas ás que se tivo que enfrontar.




