sábado, 29 de noviembre de 2025

Obradoiro sobre Corresponsabilidade en familias

 Ola familias, hoxe tivemos obradoiro para familias onde traballamos s o concepto da corresponsabilidade dende un punto de vista artístico. Tomamos como punto de partida a práctica arquitectónica de parellas de arquitectos, enfocándonos en proxectos de ámbito doméstico.

Tras unha reflexión inicial e posta en común dos conceptos tratados na contextualización da actividade, realizamos o noso propio proxecto colaborativo dun espacio doméstico. A proposta foi pensada para realizarse en parellas (fillo/filla con pai ou nai, tio, avoa…), deste xeito fomentamos o intercambio de puntos de vista, o consenso e a corresponsabilidade no proceso.