jueves, 27 de noviembre de 2025

Ola familias, gracias a axuda dirixida ás asociacións de nais e pais do alumnado de centros educativos de Galicia coa finalidade de potenciar a promoción da igualdade e a prevención da violencia de xénero este ano realizamos unha serie de obradoiros nos centros de primaria coa intención de traballar a corresponsabilidade e a importancia de que todas e todos traballemos en conxunto e creemos unhas relacións igualitarias.


A SUMA DE TODAS E TODOS

UN PROXECTO EDUCATIVO DE PROMOCIÓN DA CORRESPONSABILIDADE, A IGUALDADE E PREVENCIÓN DAS VIOLENCIAS MACHISTAS

Obradoiros vivenciais especialmente deseñados para o fomento da corresponsabilidade nos fogares e as relacións igualitarias, que podemos levar a cabo nunha ou dúas sesións para cada grupo.

Inclúe o desenvolvemento dunha sesión para as familias da comunidade educativa na que traballaremos os mesmos contidos e cós mesmos obxectivos que có alumnado do voso centro.