lunes, 4 de noviembre de 2024

Obradoiro de formación en sexualidade para familias.

 Ola familias, dende a Federación de ANPAS de Cangas "A Gameliña"  convidámosvos a participar este venres 8 de novembro, ás 17h, na Casa da Xuventude, a un obradoiro de formación en sexualidade para familias. 


Para esta formación A Gameliña ofrece servizo de canguraxe para quen o precise co fin de favorecer a participación das familias e axudar na conciliación.


O formulario de inscrición que estará aberto ata o propio día do obradoiro é o seguinte 👇🏼


https://forms.gle/ZtuKCcAjh5WTyhPd6


A formación vai ser impartida por unha profesional graduada en pedagoxía e especializada en sexoloxía e igualdade de xénero. O obradoiro terá como obxectivo principal dotar de ferramentas, tanto teóricas como prácticas ás familias para acompañar axeitadamente o desenvolvemento das crianzas no eido da sexualidade e diversidade sexual e de xénero. 


¡AGARDÁMOSVOS!


A Federación de ANPAs de centros públicos A Gameliña realiza estas actividades o aveiro da "Axudas dirixidas  ás asociacións de nais e pais do alumnado de centros educativos de Galicia coa finalidade de potenciar a promoción da igualdade e a prevención da violencia de xénero"