Non deixa de abraiarnos o activa que está ultimamente a concellaría de ensino do concello na prensa, chega a tal punto, que nos enteramos das convocatorias do CEM (Consello Escolar Municipal) por esta mesma vía. Incluso, nos enteramos de cousas que esta concellaría decide sen ter falado cos que aínda estamos a espera dunha posible chamada ou reunión.
E chegou o día esperado, celebrouse o CEM e pasou
sen pena nin gloria..
Pero o resumo, témolo neste medio, de man da Sra.
concelleira de ensino Ingrid Loredana.
Pois dicir temos, que á hora de contar, deberían
contarse as cousas enteiras e non a medias, omitindo o que non lle interesa a
este concellaría, e botando balóns fora.
Sra. Concelleira, non sabemos se se deu conta de
que as Anpas están formadas por nais e pais e que a nosa principal labor e
velar polos dereitos das nosas fillas e os nosos fillos, e defender un ensino
público, gratuíto, igualitario, diverso e de calidade.
Deixarlle claro, que non somos xestoras de
actividades, e non é cousa de que non queiramos xestionar as aulas matinais ou
os comedores, e que non debemos, xa que son actividades complementarias que
deben ser xestionadas pola Consellería de Ensino da Xunta.
Se ben, é verdade que aínda que non é competencia
das Anpas, vimos asumindo a xestión da aula matinal dende fai moito tempo
porque no seu momento considerouse que había que darlle unha solución ás
familias que precisasen o servizo para poder conciliar, pero este curso,
resultou inviable pois coas medidas impostas pola Consellería de Sanidade e
Ensino, converten ás presidentas e presidentes das Anpas en responsables dos
posibles contaxios, tendo que responder ante unha posible denuncia cos seus
bens persoais.
Agradecer que en xunta de goberno se acordase
apoiar a iniciativa da Federación de Anpas de solicitar á Xunta que asuma o
servizo de aula matinal, pero olvidouse do mais importante, Sra. Concelleira,
no noso escrito, do que despois copiou e pegou o que mais lles conviña,
pedímoslle que mentres se traballa nesa solicitude á Xunta, este concello fose
mediador entre a posible empresa e as familias para poder facilitar ese servizo
nestes tempos tan difíciles igual que o fan co resto de actividades deportivas
que se están a facer nas que o concello é mediador nesa xestión. Non lles
pedimos cartos, as familias necesitadas do servizo de aula matinal pagarían a
cota que lles correspondese tal e como estaban a facer antes da pandemia,
simplemente tiñan que mediar para que o servizo se levase a cabo.
Xa pensaron nalgunha acción a tomar dende o concello
para reclamarlle a Xunta que asuma este servizo?
¿Cal é a diferencia entre unha actividade
deportiva e a actividade de aula matinal? ¿por qué o concello pode mediar en
deportes e noutro tipo de actividades non?
Recordarlle, que o concello ten un convenio coa
Xunta para a xestión dos comedores de catering do municipio e como tal e
responsable desa xestión debe estar ó tanto de como funciona este servicio, de
cómo son as temperaturas coas que chegan ós centros os alimentos que van
inxerir as nosas nenas e nenos, pois como coñecerá, unha vez que os alimentos
baixan de 65ºC a cadea se rompe e pode darse o caso de que a comida esté en mal
estado cando chega ós comensais.
Sra. Concelleira, é a súa competencia,
facilitarnos esta información. A nosa como nais e pais é exixirlla e velar por
que o servizo sexa o correcto, que por certo levamos 2 cursos esperando a que
se licite, sufrindo unha prórroga tras outra!!
No CEM, pareceunos que deixaban caer que se
plantexaban a non renovación do convenio de comedores coa Xunta. Dende xa,
exixímoslle unha aclaración e resposta a isto, antes de que empece a Semana
Santa, pois cremos que as familias e a comunidade educativa debe ser coñecedora
o antes posible, para actuar en consecuencia.
Moito tempo xa, levamos reclamando ó Concello que
apoie as familias para que sexa a Xunta quen asuma aulas matinais e
comedores...pero vemos que hai moitas intencións e as novas de que algo se fixo
non chegan.
E chegamos o tema, dos “Camiños seguros”, cando
nos quedamos estupefactos o escoitar que somos as Anpas as que temos que facer
o proxecto do trazado para que despois lle de o visto bo a Policía Local.
Sra. Concelleira, NON É A NOSA COMPETENCIA!!
Volvémoslle dicir que somos nais e pais.
Non somos, arquitectos, delineantes, enxeñeiros ou
policías en nómina, pero o concello si que ten o servizo de urbanismo,
mobilidade, seguridade, etc. … É competencia do concello, facer bo uso do seus
recursos para o ben común e iso tamén inclúe que cada departamento ou
concellaría pense como facelo. Se xa empezaron nos centros de Espiñeira, Monte
Carrasco, Mª Soliño coas “Contornas escolares seguras” non teñen máis que
seguir e ampliar o proxecto.
Como entenderá, non é o mesmo que fagamos unha suxestión
de onde pode ir pintado un paso de peóns a que lle fagamos o proxecto enteiro.
Ademais, nos preguntamos, porqué as Anpas? É que
as equipas directivas de centros non teñen opinión sobre este tema?
Gustaríanos saber cales son as competencias da
concellaría de ensino...
Dende a Federación de Anpas de centros públicos de
Cangas “A Gameliña”, denunciamos que como parte que formamos da comunidade
educativa deste concello nos sentimos totalmente abandonados pola súa
concellaría e organismo.