Dende a Federación de ANPAS A Gameliña vimos de reclamarlle o Concello que nos apoie na solicitude a Xunta para que asuma a aula matinal e que mentres non se poña en funcionamento a través da Xunta que o Concello de Cangas asuma a xestión deste servizo.
Aquí deixamos o escrito presentado con data 11 de febreiro:
Á atención de Dna. Ingrid Loredana Oprea,
Concelleira de Educación e Xuventude do Concello de Cangas
Estimada Sra.:
Dende as ANPAS dos CEIP A Rúa; San Roque de Darbo; Espiñeira-Aldán e O Hío,
todas federadas na Federación de ANPAS de Centros Públicos de Cangas “A
Gameliña”, dirixímonos ao Concello de Cangas e en concreto á Concellería de
Educación para solicitar o seu apoio na solicitude ante a Consellería de
Educación para que asuma a xestión da prestación do servizo da Aula Matinal
nos centros educativos públicos do municipio.
A Aula Matinal é unha importantísima ferramenta da conciliación familiar para
as familias do Concello, que lles permite compatibilizar responsabilidades laborais
e familiares na primeira hora da mañá. Ademais dende o CEIP Plurilingüe San Roque
tamén teñen a necesidade de que este servizo se preste en horario de 14:30 a 15:30
dados os cambios que fixo o centro no horario de comedor para adaptarse á
situación provocada pola COVID-19, posto que moitas familias se ven na obriga de
recoller as súas crianzas en dous horarios distintos dificultando a conciliación, e
para todas estas familias que recollían ós seus fillos e fillas ás 15:30 agora teñen que
recollelos ás 14:30 e iso complica a conciliación das nais e pais.
Tras consulta directa realizada ás familias contabilizáronse os seguintes alumnos e
alumnas que precisarían do servizo:
● CEIP A Rúa: 8 usuarios diarios e 2 usuarios un día na semana. (Cabe
recalcar que unha vez establecido o servizo, é posible que aumenten os
usuarios chegando ás cifras de entre 13 e 16 nenos e nenas do ano pasado)
● CEIP San Roque de Darbo: 7 usuarios diarios
● CEIP Espiñeira-Aldán: 9 usuarios diarios
● CEIP O Hío: 4 usuarios diarios e 1 usuario máis en semanas alternas
Cremos que unha vez que o servizo se poña en funcionamento e pola traxectoria de
cursos pasados moitas outras familias se sumarán ao seu uso.
No presente curso 2020-2021, por mor da excepcional situación de pandemia da
COVID-19 impóñense novos protocolos para a prestación do servizo de Aula Matinal
que por suposto seguirán todas as directrices e precaucións precisas á semellanza
do servizo de comedor. Aínda con estas precaucións, as diversas empresas
aseguradoras informáronnos que en caso de que se dea un posible contaxio de
COVID-19 que poida demostrarse vencellado ao uso do servizo da Aula Matinal a
responsabilidade civil última recaería na entidade titular do servizo, cuestión esta
inasumible polas ANPAS.
É por este motivo que as ANPAS asinantes, solicitan ao Concello de Cangas o seu
apoio na solicitude ante a Consellería de Educación para que asuma a xestión
da prestación do servizo da Aula Matinal e mentres esperamos unha resposta
da mesma, e debido a urxencia de dar unha solución as familias afectadas pola
situación provocada nos centros debido a Covid19 para este curso xa
comezado, solicitamos o seu compromiso coa conciliación familiar por medio
da asunción temporal da xestión (titularidade) do servizo de Aula Matinal.
O servizo da Aula Matinal sería sufragado integramente polas familias. Non se
solicita ao Concello a bonificación do servizo, senón que se pide a axuda e o bo facer
do Concello para a xestión.
Agardando a súa pronta resposta.
En Cangas, a 11 de Febreiro de 2021