A consellaría de educación ven de sacar unhas novas instrucións, que acompañamos, para completar as do 27 de abril, estas son breves e clarifican bastante algunhas dúbidas que agora xa deixaron de selo.
En concreto:
– Queda terminantemente prohibida a realización de exames presenciais ao alumnado.
– Todo o alumnado ten dereito á proba de setembro, independentemente de que promocionara ou non en xuño. De feito, se a decisión fose de non promocionar en xuño, poderá verse modificada co resultado das probas de setembro.
– As probas de setembro serán presenciais ou non, segundo as condicións sanitarias; e só se farán sobre os obxectivos, aprendizaxes e competencias dos dous primeiros trimestres.
– En bacharelato poderase titular sen límite de suspensos, sempre que a media da etapa sexa igual ou superior a cinco, e o equipo docente así o decida.
Unha lectura indirecta, porque aínda hai quen o debate, é a seguinte: se especificamente nas probas de setembro só se poderá avaliar sobre os dous primeiros trimestres, está claro que agora en xuño tamén, polo que, como sempre dixemos e interpretamos, NON SE PODE AVANZAR MATERIA, e quen o faga sabe que o ano que ven terá que repetila.