jueves, 16 de octubre de 2025

Xornada deportiva en igualdade.

 Xornada deportiva en igualdade.

O mundo do deporte está altamente masculinizado e aínda hai quen considera que hai deportes masculinos e deportes femininos, con esta xornada pretendemos romper cos estereotipos e expectativas que se teñen polo feito de pertencer a un xénero ou outro mostrando dun xeito práctico que todos podemos practicar o deporte que queiramos con independencia do noso xénero. Para acadar este obxectivo A Federación de ANPAS A Gameliña organiza unha xornada deportiva na que as crianzas van a poder practicar:

- Boxeo

- Ximnasia rítmica

- Loita

- Ballet

- Kick Boxing


A xornada está pensada para o alumnado de 4 E.I. ata 2º ESO e terá lugar o vindeiro 25 de outubro no CEIP San Roque de 10:00h a 14:00h, debe cubrirse un formulario por cada crianza interesada en participar e estar á hora indicada no colexio, as prazas son limitadas e a participación é por orde de inscrición.

Cubrir un formulario para cada participante.

https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSenD6gc2HubtH49U5hcVVWVDHUAvfr7f4yIoyeUYnEVLOwqTQ/viewform

Actividade realizada ó aveiro da "Axudas económicas á ANPAS destinadas á promoción da igualdade entre homes e mulleres e a prevención e loita contra a violencia cara as mulleres"