O mundo do deporte está altamente masculinizado e aínda hai quen considera que hai deportes masculinos e deportes femininos, con esta xornada pretendemos romper cos estereotipos e expectativas que se teñen polo feito de pertencer a un xénero ou outro mostrando dun xeito práctico que todos podemos practicar o deporte que queiramos con independencia do noso xénero.
Para acadar este obxectivo, a Federación de ANPAs de centros públicos A Gameliña, o aveiro da "Axudas económica a ANPAs destinadas a promoción da igualdade entre homes e mulleres e a prevencióne loita contra a violencia cara as mulleres", organiza unha xornada deportiva na que as crianzas van a poder prácticar:
- Boxeo. Arkham escola de boxeo.
- Ximnasia rítmica. Clube Arnela.
- Loita. Clube de loita do Morrazo.
- Ballet. Ballet Galicia.
A xornada está pensada para o alumnado de primaria e terá lugar o vindeiro 5 de outubro no CEIP do Hío de 10:00 a 14:00, as crianzas interesadas deben cubrir este cuestionario e estar a hora indicada no colexio, as prazas son limitadas e participarán por orde de inscrición.
Cubrir un formulario para cada participante.
Ven probar!