Xornadas pola igualdade 2022
Este xoves 17 temos un contacontos no CEIP Espiñeira e o venres 18 no CEIP Castrillón, aquí vos deixamos a ligazón para inscribirse 👇🏾
https://forms.gle/bj6ZJ6jB6WWQXrpi6
O venres 18 agardámosvos no auditorio cunha proxección para maiores de 10 e público adulto a partir das 18:30 da película "Persépolis"
Tamén este venres ás 18:30h na antiga Casa do Mar temos unha charla sobre a Violencia de xénero da man de Joshua Alonso Mateo, con servizo de canguraxe de balde, esta é a ligazón para quen precise este servizo 👇🏾
https://forms.gle/sJAYv9E5guYE8KtWA
O domingo 20 agardámosvos na Antiga Casa do Mar onde levaremos a cabo unha proposta creativa de man de EstudiosIA. Na seguinte ligazón podedes anotarvos(inscrición abertas o mércores ás 20h,aforo limitado) 👇🏾
https://forms.gle/qbRpxGSFhAPzJmVNA
Actividade levada a cabo dentro da axuda recibida para a promoción da igualdade entre homes e mulleres e a prevención e loita contra a violencia cara as mulleres.