lunes, 31 de octubre de 2022

Xornadas pola igualdade 2022. Semana 31 de outubro.

Comezamos coas Xornadas pola igualdade 2022 con Priscila Retamozo do Comando Igualdade que estará no IES Rodeira coa actividade "Hackeando ao machismo a golpe de memes, directs e likes" O venres 4 agardámosvos no CEIP do Hio no primeiro encontro da Biblioteca viva onde teremos a opción de coñecer os títulos dispoñibles, disfrutaremos dun contacontos e unha proposta creativa de man de EstudiosIA.

Actividade levada a cabo dentro da axuda recibida para a promoción da igualdade entre homes e mulleres e a prevención e loita contra a violencia cara as mulleres.