Dentro da axuda recibida para a promoción da igualdade entre homes e mulleres e a prevención e loita contra a violencia cara as mulleres comezamos coa actividade Biblioteca viva. Aquí deixamos o protocolo covid.
Trátase de mercar unha variedade ampla e surtida de contos, libros e
xogos e videoxogos sobre temáticas de igualdade de xénero, bo trato, novos
modelos de masculinidade e feminidade, os mitos do amor romántico, o uso
axeitado das novas tecnoloxías, etc... rompendo así as barreiras e eliminando
os estereotipos relacionados co xénero e por conseguinte loitar para prever
situacións de discriminación sexista no futuro.
Trátase pois, de incorporar nas bibliotecas vivas, novos contidos que
nos axuden a romper estas barreiras impostas e albergar espazos para todos e
todas, xa que hai unha ampla variedade de literatura infantil e xuvenil, e
xogos onde os seus protagonistas rompen cos roles e estereotipos de xénero.
Con estes novos contidos búscase tamén tratar valores coma o respecto,
tolerancia e igualdade entre nenos e nenas, xerando encontros onde coa práctica
se establezan os principios de boas relacións, e a non discriminación.
Búscase nestes encontros traballar a coeducación e a corresponsabilidade
dende idades tempéranas e a todos os niveis educativos, que axuden a contribuír
e ofrecer unha visión nova e máis acorde coa igualdade entre sexos e romper cos
estereotipos existentes.
O proxecto levarase a cabo en dúas liñas de traballo:
• STAND PUBLICITARIOS COS NOVOS MATERIAIS
Distribuiranse os contos segundo as idades dos
centros e se fará un stand online en
https://federanpasdecangas.blogspot.com/ e https://www.facebook.com/federacionanpascangas
Así como unha publicación global polos medios de
comunicación que posúa cada ANPA asociada.
No stand online haberá un grupo de contos, libros,
xogos e videoxogos, cos cales se lles permitirá ás familias dispor dos novos
materiais mediante un servizo de préstamo.
O cal se regulará da seguinte maneira:
• O 22 de Outubro: publicación do Stand Online (o
listado dos materiais será susceptible de modificacións). No caso de que o
listado se modifique, se enviará ás familias a actualización do mesmo.
• Do 25 ó 27 de Outubro: inicio do préstamo.
• Para solicitar o préstamo, as familias enviarán a
petición ao mail da Federación (
biblioanpas.igualdade@gmail.com ) ou a través da súa respectiva ANPA.
• Será un representante de cada ANPA asociada o/a q
entregue o préstamo a familia solicitante no seu respectivo centro.
• Entre préstamo e préstamo os materiais permanecerán
o mínimo de catro horas (Establecido pola Consellería de Educación) en
corentena.
• A duración de cada préstamo será dunha semana
aproximadamente. Sendo obrigatoria a devolución dos materiais emprestados cada
luns. Un representante de cada ANPA asociada será o responsable da recollida
dos materiais no seu respectivo centro.
• TARDE DE
LECTURA. Xornadas de animación
Faremos
tarde de lectura e talleres presenciais sempre que a situación sanitaria o
permita.
Para o aceso
ós contidos dixitais, se publicará nas redes socias da Federación o enlace as
actividades e as ANPAS asociadas para que o compartan coas familias.