martes, 3 de noviembre de 2020

Xornadas pola igualdade primeira semana de novembro

Ola familias! Aquí vos deixamos as actividades desta semana dentro da axuda que recibimos en promoción da igualdade entre homes e mulleres e a prevención e loita contra a violencia cara as mulleres.


Venres 6 Irene García Perulero Webinar "Nin heroes Nin viláns" https://zoom.us/j/521467195... O código de aceso é 547374 Nin heroes Nin Vilans "O xénero é unha construción cultural. Saír dos estereotipos é moito máis difícil que non educarse neles. Os estereotipos de xénero afectan tanto ás mulleres como aos homes. Obviamente, as mulleres conforman o grupo desfavorecido en termos de xénero e a loita pola non discriminación e a equidade baséase na protección e empoderamento das mulleres. Non obstante, os enfoques de xénero do patriarcado tamén inflúen fortemente nos homes e, aínda que se depositan privilexios sociais sobre eles, son enfoques e estereotipos que non os favorecen." Sábado 7 Marta Ortiz. Literatura infantil e xuvenil: unha viaxe en familia. Hora: 7 nov 2020 ás 19h Unirse á xuntanza Zoom https://us02web.zoom.us/j/87234555962... ID da reunión: 872 3455 5962 Código de aceso: 826026 Domingo 8 A voar - Cé Orquestra Pantasma Hora: 17h https://youtu.be/SDA__MQxTAw

Animámosvos a participar.