jueves, 22 de octubre de 2020

Biblioteca viva

 Dentro da axuda recibida para a promoción da igualdade entre homes e mulleres e a prevención e loita contra a violencia cara as mulleres comezamos coa actividade Biblioteca viva, partillamos a información sobre o seu funcionamento. 


Biblioteca viva

A través dunha variedade ampla e surtida de contos, libros e xogos sobre temáticas de igualdade de xénero, bo trato, novos modelos de masculinidade e feminidade, os mitos do amor romántico, o uso axeitado das novas tecnoloxías, etc... rompendo así as barreiras e eliminando os estereotipos relacionados co xénero e por conseguinte loitar para prever situacións de discriminación sexista no futuro.

Trátase pois, de incorporar nas bibliotecas vivas, novos contidos que nos axuden a romper estas barreiras impostas e albergar espazos para todos e todas, xa que hai unha ampla variedade de literatura infantil e xuvenil, e xogos onde os seus protagonistas rompen cos roles e estereotipos de xénero.

Con estes novos contidos búscase tamén tratar valores coma o respecto, tolerancia e igualdade entre nenos e nenas, xerando encontros onde coa práctica se establezan os principios de boas relacións, e a non discriminación.

 

O préstamo levarase a cabo tal e como se determina no protocolo que acompaña esta publicación e solicitarase a través do correo electrónico da Federación A Gameliña (federanpas.cangas@gmail.com) ou poñéndose en contacto coa ANPA de cada centro.


Listado de exemplares dispoñibles para o préstamo


Primeiras lecturas

A voda do galo Pinto

Artur e Clementina

As redes de Inés

Benito y su carrito

Bonitas

Chocolata

Con tango son tres

Daniela pirata

Daniela y las chicas pirata

Las niñas serán lo que quieran ser

Maruxa

Mi cuerpo es mío

Mulleres bravas da nosa historia. María Victoria Moreno

Mulleres bravas da nosa historia. Maruja Mallo

Mulleres bravas da nosa historia. Pepa a Loba

Mulleres bravas da nosa historia. Rosalía de Castro

Mulleres bravas da nosa historia. Xulia Minguillón

O capitán Maimiño

Oliver Button é unha nena

Once damas atrevidas

Rosa Caramelo

Titiritesa

Tres princesas namoradas

Un día de treboada

Vivan as uñas de cores!

 

 

Lecturas autónomas (a partir de 8 anos)

A casiña azul

A escola dos piratas

A noite da raíña Berenguela

A princesa que venceu a sombra

As terapias da doutora Ledicia

As vacacións de Saida

Cor gris vida

Emilia Pardo Bazán. Unha nena seducida polos libros

Érase una vez dos princesas

Escarlatina, a cociñeira defunta

Esmeraldina, a pequena defunta

Las chicas y los chicos también pueden

Las nuevas amigas de María

Marta e a píntega

Meiga nova: Metade anxo, metade marisco

Nena e o mar

O anano máis alto conta a historia de Brancaneves

Ola, estúpido monstro peludo

Ovos duros

Pippi Mediaslongas

Pippi Mediaslongas embarca

Pippi Mediaslongas nos mares do Sur

Quen dá a quenda?

Semente de igualdade, semente de liberdades

Sira e o robot. Adventures on Titan (+CD)

Todos deberíamos ser feministas

Un ronsel de Ardora

Unha chea de familias

Usha

Valentino

Yo también soy diferente

Escarlatina, a cociñeira defunta

Esmeraldina, a pequena defunta

Yo también soy diferente

 

Lecturas autónomas (a partir de 12 anos)

A lagoa das nenas mudas

A sombra descalza

Aleida. Cidade sen Alma

Ámote Leo A. Estación de tránsito

Ámote Leo A. Terminal de chegadas

As palabras poden matar

Cans

El mundo en femenino

Erase una vez una princesa que se salvó sola

Feminismo ilustrado

Idiotizadas

Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta

La igualdad entre chicas y chicos no es ninguna broma

Maelström, Maelström

Non hai luz sen escuridade

Pioneiras 1

Pioneiras 2

Poetízate

Segredos no Solpor

Si es amor, no duele

22 segundos

 

Familias

Feminismo de bolsillo

Ni locas, ni tontas

Sementamos igualdade. Manual práctico de bos usos

 


 

XOGOS

O misterio das mulleres invisibles (a partir de 7 anos)

Trátase de ir resolvendo, en grupo, os retos que se presenten coa idea de descubrir importantes mulleres históricas de diferentes épocas e culturas que permanecen ocultas nas sombras da nosa historia.

 

A superclase (a partir de 6 anos)

Tense que deter as bestas actuando en equipo e usando os nosos superpoderes antes de que logren destruír o planeta.

 

As nenas de Jacranda (a partir de 4 anos)

Trátase de facer unha viaxe cunhas nenas con corazóns xigantes onde se rebelarán contra o seu destino para alcanzar os seus sonos.

 

As bruxas de Farrabús (a partir de 6 anos)

Coa axuda das bruxas hai que encontrar os elementos máxicos que son necesarios para deter o conxuro que afecta a nenas e nenos da aldea 





Protocolo COVID-19 Biblioteca viva. (De outubro a novembro 2020)

 Trátase de mercar unha variedade ampla e surtida de contos, libros e xogos sobre temáticas de igualdade de xénero, bo trato, novos modelos de masculinidade e feminidade, os mitos do amor romántico, o uso axeitado das novas tecnoloxías, etc... rompendo así as barreiras e eliminando os estereotipos relacionados co xénero e por conseguinte loitar para prever situacións de discriminación sexista no futuro.

 

Trátase pois, de incorporar nas bibliotecas vivas, novos contidos que nos axuden a romper estas barreiras impostas e albergar espazos para todos e todas, xa que hai unha ampla variedade de literatura infantil e xuvenil, e xogos onde os seus protagonistas rompen cos roles e estereotipos de xénero.

Con estes novos contidos búscase tamén tratar valores coma o respecto, tolerancia e igualdade entre nenos e nenas, xerando encontros onde coa práctica se establezan os principios de boas relacións, e a non discriminación.

 

Búscase nestes encontros traballar a coeducación e a corresponsabilidade dende idades tempéranas e a todos os niveis educativos, que axuden a contribuír e ofrecer unha visión nova e máis acorde coa igualdade entre sexos e romper cos estereotipos existentes.

 

O proxecto levarase a cabo en dúas liñas de traballo:

 

• STAND PUBLICITARIOS COS NOVOS MATERIAIS 

 

Distribuiranse os contos segundo as idades dos centros e se fará un stand online en https://federanpasdecangas.blogspot.com/ e https://www.facebook.com/federacionanpascangas

Así como unha publicación global polos medios de comunicación que posúa cada ANPA asociada.

No stand online haberá un grupo de contos, libros e xogos, cos cales se lles permitirá ás familias dispor dos novos materiais mediante un servizo de préstamo.

O cal se regulará da seguinte maneira:

    Do 19 ao 25 de Outubro: publicación do Stand Online (o listado dos materiais será susceptible de modificacións). No caso de que o listado se modifique, se enviará ás familias a actualización do mesmo.

    Do 20 ó 26 de Outubro: inicio do préstamo.

    Para solicitar o préstamo, as familias enviarán a petición ao mail da Federación (federanpas.cangas@gmail.com ) ou a través da súa respectiva ANPA.

    Todas as solicitudes que cheguen antes do domingo serán enviadas na seguinte semana, sempre que o exemplar estea dipoñible.

    Para evitar o contacto, os materiais solicitados se entregarán dentro dun sobre precintado. Serán enviados a través de mensaxería postal ou un representante de cada ANPA asociada será o que entregue o sobre a familia solicitante.

    Entre préstamo e préstamo os materiais permanecerán o mínimo de catro horas (Establecido pola Consellería de Educación) en corentena.

    A duración de cada préstamo será dunha semana aproximadamente. Sendo obrigatoria a devolución dos materiais emprestados cada luns. Excepcionalmente as familias poden solicitar unha prórroga dunha semana que deberán solicitar pola mesma canle onde fixeron a solicitude inicial.

    Un representante de cada ANPA asociada será o responsable da recollida dos materiais no seu respectivo centro ou as familias poden devolver os exemplares a través de mensaxería postal.

    Por precaución as familias que estean confinadas ou teñan algún convivinte en confinamento non poderán participar na solicitude de préstamos ata que o confinamento remate.

 

• TARDE DE LECTURA. Xornadas de animación

 

ACTUALIZAMOS: Dada a situación actual da pandemia pola Covid-19, e ante a imposibilidade de xuntanza de máis de cinco persoas, as actividades pasarán a ser en formato dixital.



Para o aceso ós contidos dixitais, se publicará nas redes socias da Federación o enlace as actividades e as ANPAS asociadas para que o compartan coas familias.

 

 

Faranse sesións, en horario de tarde, se emitirá por medio das plataformas de "A Gameliña" unha actividade dirixida ás familias de infantil, primaria e/ou secundaria.