Dentro da axuda recibida para a promoción da igualdade entre homes e mulleres e a prevención e loita contra a violencia cara as mulleres comezamos coa actividade Biblioteca viva, partillamos a información sobre o seu funcionamento.
Biblioteca viva
A través dunha variedade ampla e
surtida de contos, libros e xogos sobre temáticas de igualdade de xénero, bo trato, novos modelos de
masculinidade e feminidade, os mitos do amor romántico, o uso axeitado das
novas tecnoloxías, etc... rompendo así as barreiras e eliminando os
estereotipos relacionados co xénero e por conseguinte loitar para prever
situacións de discriminación sexista no futuro.
Trátase pois, de incorporar nas bibliotecas vivas, novos contidos que nos
axuden a romper estas barreiras impostas e albergar espazos para todos e todas,
xa que hai unha ampla variedade de literatura infantil e xuvenil, e xogos onde
os seus protagonistas rompen cos roles e estereotipos de xénero.
Con estes novos contidos búscase tamén tratar valores coma o respecto,
tolerancia e igualdade entre nenos e nenas, xerando encontros onde coa práctica
se establezan os principios de boas relacións, e a non discriminación.
O préstamo levarase a cabo tal e
como se determina no protocolo que acompaña esta publicación e solicitarase a
través do correo electrónico da Federación A Gameliña (federanpas.cangas@gmail.com) ou poñéndose en contacto coa
ANPA de cada centro.
Listado de exemplares dispoñibles para o préstamo
Primeiras lecturas
A voda do galo Pinto
Artur e Clementina
As redes de Inés
Benito y su carrito
Bonitas
Chocolata
Con tango son tres
Daniela pirata
Daniela y las chicas pirata
Las niñas serán lo que quieran ser
Maruxa
Mi cuerpo es mío
Mulleres bravas da nosa historia. María Victoria
Moreno
Mulleres bravas da nosa historia. Maruja Mallo
Mulleres bravas da nosa historia. Pepa a Loba
Mulleres bravas da nosa historia. Rosalía
de Castro
Mulleres bravas da nosa historia. Xulia Minguillón
O capitán Maimiño
Oliver Button é unha
nena
Once damas atrevidas
Rosa Caramelo
Titiritesa
Tres princesas namoradas
Un día de treboada
Vivan as uñas de cores!
Lecturas autónomas (a partir de 8
anos)
A casiña azul
A escola dos piratas
A noite da raíña Berenguela
A princesa que venceu a sombra
As terapias da doutora Ledicia
As vacacións de Saida
Cor gris vida
Emilia Pardo Bazán. Unha nena seducida polos libros
Érase una vez dos princesas
Escarlatina, a cociñeira defunta
Esmeraldina, a pequena defunta
Las chicas y los chicos también pueden
Las nuevas amigas de María
Marta e a píntega
Meiga nova: Metade anxo, metade marisco
Nena e o mar
O anano máis alto conta a historia de Brancaneves
Ola, estúpido monstro peludo
Ovos duros
Pippi Mediaslongas
Pippi Mediaslongas embarca
Pippi Mediaslongas nos mares do Sur
Quen dá a quenda?
Semente de igualdade, semente de liberdades
Sira e o robot. Adventures on Titan (+CD)
Todos deberíamos ser feministas
Un ronsel de Ardora
Unha chea de familias
Usha
Valentino
Yo también soy diferente
Escarlatina, a cociñeira defunta
Esmeraldina, a pequena defunta
Yo también soy diferente
Lecturas autónomas (a
partir de 12 anos)
A lagoa das nenas mudas
A sombra descalza
Aleida. Cidade sen Alma
Ámote Leo A. Estación de tránsito
Ámote Leo A. Terminal de chegadas
As palabras poden matar
Cans
El mundo en femenino
Erase una vez una princesa que se salvó sola
Feminismo ilustrado
Idiotizadas
Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta
La igualdad entre chicas y chicos no es ninguna broma
Maelström, Maelström
Non hai luz sen escuridade
Pioneiras 1
Pioneiras 2
Poetízate
Segredos no Solpor
Si es amor, no duele
22 segundos
Familias
Feminismo
de bolsillo
Ni locas,
ni tontas
Sementamos
igualdade. Manual práctico de bos usos
XOGOS
O misterio das mulleres invisibles (a
partir de 7 anos)
Trátase
de ir resolvendo, en grupo, os retos que se presenten coa idea de descubrir
importantes mulleres históricas de diferentes épocas e culturas que permanecen
ocultas nas sombras da nosa historia.
A superclase (a partir de 6 anos)
Tense que
deter as bestas actuando en equipo e usando os nosos superpoderes antes de que
logren destruír o planeta.
As nenas de Jacranda (a partir
de 4 anos)
Trátase
de facer unha viaxe cunhas nenas con corazóns xigantes onde se rebelarán contra
o seu destino para alcanzar os seus sonos.
As bruxas de Farrabús (a
partir de 6 anos)
Coa axuda das bruxas hai que encontrar os elementos máxicos
que son necesarios para deter o conxuro que afecta a nenas e nenos da aldea
Protocolo
COVID-19 Biblioteca viva. (De outubro a novembro 2020)
Trátase de mercar unha variedade ampla e surtida de contos, libros e xogos sobre temáticas de igualdade de xénero, bo trato, novos modelos de masculinidade e feminidade, os mitos do amor romántico, o uso axeitado das novas tecnoloxías, etc... rompendo así as barreiras e eliminando os estereotipos relacionados co xénero e por conseguinte loitar para prever situacións de discriminación sexista no futuro.
Trátase pois, de incorporar nas bibliotecas vivas, novos contidos que
nos axuden a romper estas barreiras impostas e albergar espazos para todos e
todas, xa que hai unha ampla variedade de literatura infantil e xuvenil, e
xogos onde os seus protagonistas rompen cos roles e estereotipos de xénero.
Con estes novos contidos búscase tamén tratar valores coma o respecto,
tolerancia e igualdade entre nenos e nenas, xerando encontros onde coa práctica
se establezan os principios de boas relacións, e a non discriminación.
Búscase nestes encontros traballar a coeducación e a corresponsabilidade
dende idades tempéranas e a todos os niveis educativos, que axuden a contribuír
e ofrecer unha visión nova e máis acorde coa igualdade entre sexos e romper cos
estereotipos existentes.
O proxecto levarase a cabo en dúas liñas de traballo:
• STAND
PUBLICITARIOS COS NOVOS MATERIAIS
Distribuiranse os contos segundo as idades dos
centros e se fará un stand online en
https://federanpasdecangas.blogspot.com/ e https://www.facebook.com/federacionanpascangas
Así como unha publicación global polos medios de
comunicación que posúa cada ANPA asociada.
No stand online haberá un grupo de contos, libros e
xogos, cos cales se lles permitirá ás familias dispor dos novos materiais
mediante un servizo de préstamo.
O cal se regulará da seguinte maneira:
• Do 19 ao 25 de Outubro: publicación do Stand Online
(o listado dos materiais será susceptible de modificacións). No caso de que o
listado se modifique, se enviará ás familias a actualización do mesmo.
• Do 20 ó 26 de Outubro: inicio do préstamo.
• Para solicitar o préstamo, as familias enviarán a
petición ao mail da Federación (federanpas.cangas@gmail.com ) ou a través da súa respectiva ANPA.
• Todas as solicitudes que cheguen antes do domingo
serán enviadas na seguinte semana, sempre que o exemplar estea dipoñible.
• Para evitar o contacto, os materiais solicitados se
entregarán dentro dun sobre precintado. Serán enviados a través de mensaxería
postal ou un representante de cada ANPA asociada será o que entregue o sobre a
familia solicitante.
• Entre préstamo e préstamo os materiais permanecerán
o mínimo de catro horas (Establecido pola Consellería de Educación) en
corentena.
• A duración de cada préstamo será dunha semana
aproximadamente. Sendo obrigatoria a devolución dos materiais emprestados cada
luns. Excepcionalmente as familias poden solicitar unha prórroga dunha semana
que deberán solicitar pola mesma canle onde fixeron a solicitude inicial.
• Un representante de cada ANPA asociada será o
responsable da recollida dos materiais no seu respectivo centro ou as familias
poden devolver os exemplares a través de mensaxería postal.
• Por precaución as familias que estean confinadas ou
teñan algún convivinte en confinamento non poderán participar na solicitude de
préstamos ata que o confinamento remate.
• TARDE DE
LECTURA. Xornadas de animación
ACTUALIZAMOS: Dada a situación actual da pandemia pola Covid-19,
e ante a imposibilidade de xuntanza de máis de cinco persoas, as actividades pasarán a ser en formato
dixital.
Para o aceso
ós contidos dixitais, se publicará nas redes socias da Federación o enlace as
actividades e as ANPAS asociadas para que o compartan coas familias.
Faranse sesións, en horario de tarde, se emitirá por medio das plataformas de "A Gameliña" unha actividade dirixida ás familias de infantil, primaria e/ou secundaria.