Á CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN, UNIVERSIDADE E FORMACIÓN PROFESIONAL:
Os abaixo asinantes, na nosa calidade de representantes dos distintos sectores da comunidade educativa, solicitamos desta Consellería sexa tomado en consideración o noso posicionamento sobre a actual situación derivada da pandemia do COVID-19 que estamos a padecer, que pasan a expor, co unánime pedimento de que a decisión da administración
educativa de cara ao desenvolvemento e finalización do presente curso escolar sexa tomada desde estas propostas consensuadas por todos nós, docentes e familias, nun exercicio de responsabilidade democrática inescusable.
Consideramos:
educativa de cara ao desenvolvemento e finalización do presente curso escolar sexa tomada desde estas propostas consensuadas por todos nós, docentes e familias, nun exercicio de responsabilidade democrática inescusable.
Consideramos:
- O curso escolar non tivo de feito nin pode ter continuidade real desde o día 13 de marzo, en que rematou a impartición presencial do mesmo:
a. non hai unha capacidade real de impartición telemática de contidos que chegue a todo o alumnado, tanto por falla real de acceso á rede como por carencia nas familias de medios tecnolóxicos.
b. alumnado, familias e docentes carecen de directrices, de apoio e ainda, con carácter xeral, de previa formación nin práctica para o traballo en liña.
c. non hai posibilidades reais de seguimiento polo profesorado do traballo efectivamente realizado nas casas.
d. a educación presencial non pode ser suplida pola impartición de contidos telemáticos, malia a voluntariedade e esforzo do profesorado, coa conseguinte merma da calidade educativa.
e. o estado físico e psicolóxico das familias, do alumnado e do propio persoal docente, afonda aínda mais na inviabilidade do sistema.
f. existe un abandono xeneralizado de practicamente todo o alumnado con necesidades específicas de apoio educativo, pola imposibilidade de se achegar a el nestas condicións, e pola dificultade intrínseca da converter para ese alumnado a
relación presencial en relación a distancia. Non asumir como imprescindíbel a participación dese colectivo significaría un enorme retroceso na atención á diversidade. - A avaliación xeral do curso ten que partir da situación de excepcionalidade que estamos a vivir e vir acompañada de cantos medios eviten o desfavorecemento das posibilidades de promoción do alumnado.
Por canto queda exposto,
SOLICITAMOS :
- DAR POR FINALIZADO EN TERMOS DE AVALIACIÓN O CURSO ESCOLAR 2019-2020 CON DATA 13 DE MARZO, AÍNDA MANTENDO O CALENDARIO ESCOLAR.
- ESTABLECEMENTO DE CRITERIOS DE AVALIACIÓN EXCEPCIONAIS QUE POSIBILITEN A PROMOCIÓN DO ALUMNADO.
- REORGANIZAR OS CURRÍCULOS DE CARA AO/S VINDEIRO/S CURSO/S.
- TRABALLAR CONXUNTA E CONSENSUADAMENTE NA PROCURA DE MECANISMOS COMPENSATORIOS QUE EVITEN NO CURSO 2020-2021 UN ESFORZO INASUMIBLE PARA UNHA PARTE DO ALUMNADO.
- PARTICIPAR DE TODOS OS PROCESOS DE TOMA DE DECISIÓNS NOS ÓRGANOS CORRESPONDENTES E QUE AS MESMAS CONTEN CO APOIO E APROBACIÓN DAS NOSAS ORGANIZACIÓNS.